A Biblioteca Nacional de España e a Biblioteca Dixital de Euskadi completaron por cuarto ano a captura masiva do dominio .eus, co propósito de conservar o patrimonio dixital vinculado á lingua e á cultura vascas. A campaña permitiu arquivar máis de 15.500 páxinas web, que suman máis de nove terabytes de información. Esta colaboración garante que os contidos publicados na Rede poidan consultarse no futuro con fins de investigación, documentación e memoria cultural.
Fonte: Gobierno Vasco
Comunidade:
Sección:



