Un estudo do Consorcio de Normalización Lingüística conclúe que o 92 % dos comercios de Tossa de Mar poden atender o público en catalán. A investigación, realizada en 139 establecementos, mostra unha elevada capacidade de atención oral nesta lingua, aínda que a súa presenza escrita é menor: case un 30 % dos negocios non cumpre a normativa de rotulación en catalán e a porcentaxe de incumprimento aumenta na cartelaría interior.
Fonte: VilaWeb
Comunidade:
Sección:



