O Servizo Público de Emprego de Cataluña e o Consorcio pola Normalización Lingüística renovaron o programa Aprèn.cat, que ofrecerá 63 cursos de catalán para persoas demandantes de emprego. A iniciativa, dotada con medio millón de euros, prevé atender preto dun milleiro de persoas e facilitar tanto a mellora das competencias lingüísticas como a obtención de certificados oficiais.
Fonte: Diari de la Llengua
Comunidade:
Sección:



