Os concellos de Oarsoaldea impulsan durante setembro unha campaña para animar as persoas chegadas recentemente doutros países a achegárense ao éuscaro. A iniciativa presenta a lingua como unha ferramenta de integración, convivencia e participación social, adaptada ás posibilidades e circunstancias de cada persoa. A mensaxe difundirase a través de distintos soportes, co obxectivo de favorecer a incorporación da nova veciñanza á vida da comarca.
Fonte: Herri Bizia
Comunidade:
Sección:



