O Concello de Salceda impartirá do 14 ao 30 de setembro un curso gratuíto de iniciación á lingua e á cultura galegas, destinado a persoas maiores de 16 anos procedentes do exterior e residentes en Galicia. A formación busca facilitar a súa integración social e cultural mediante unha primeira aproximación ao galego, con vocabulario, expresións e diálogos básicos, ademais de contidos culturais. O curso, de 20 horas e carácter presencial, servirá tamén como base para acceder posteriormente ás certificacións oficiais de lingua galega.
Fonte: Metropolitano
Sección:



