O Concello da Coruña licitou por preto de 50.000 euros a elaboración dun plan de normalización lingüística que definirá unha folla de ruta para ampliar o uso do galego no ámbito municipal e na vida cotiá. O documento partirá dunha diagnose sociolingüística e incorporará medidas concretas, indicadores de seguimento e un estudo demoscópico.
Fonte: Concello da Coruña
Sección:



