O Concello de Vitoria-Gasteiz ofrecerá 732 prazas para aprender éuscaro, dirixidas a familias, persoas maiores de 55 anos, poboación de orixe estranxeira e profesionais do comercio e da hostalería. A oferta compleméntase con axudas municipais por 150.000 euros e cunha achega de 100.000 euros da Deputación Foral de Áraba para abaratar as matrículas das persoas adultas. O obxectivo é facilitar o acceso á lingua e ampliar o seu uso en distintos ámbitos da vida cotiá.
Fonte: Diputación Foral de Álava
Comunidade:
Sección:



