O Goberno do Principado de Asturias impulsa Llume, un proxecto educativo que recoñecerá os centros públicos e concertados que destaquen na ensinanza e promoción do asturiano e do eonaviego. A iniciativa incluirá axudas económicas para os programas que integren estas linguas na vida académica e cultural, xunto con criterios de inclusión, sostibilidade e coeducación. Na primeira convocatoria repartiranse 16.000 euros e os centros seleccionados recibirán tamén unha acreditación.
Fonte: Principado de Asturias
Comunidade:
Sección:



