Segundo unha enquisa realizada polo Instituto Francés de Opinión Pública (Ifop, polas súas siglas en francés), o 77 % dos habitantes da Cataluña Norte está a favor de ampliar a presenza do catalán no ensino. A análise mostra un importante apoio social á aprendizaxe da lingua propia deste territorio, situado no Estado francés, onde o francés mantén a posición predominante no sistema educativo.
Fonte: Diari de la Llengua
Sección:



