O profesor da Universidade de Vigo Carlos Garrido presentou un novo dicionario de zooloxía que reúne arredor de 180.000 termos en galego-portugués, español, inglés e alemán. A obra, de 1356 páxinas, recompila e crea denominacións científicas e vernáculas para invertebrados e pretende cubrir importantes lagoas da terminoloxía zoolóxica. O dicionario constitúe unha ferramenta de referencia para a docencia, a investigación e a tradución científico-técnica, especialmente pola súa contribución á nomenclatura dos invertebrados en galego-portugués.
Fonte: Universidade de Vigo
Sección:



