O Consello Escolar do Estado emitiu un ditame favorable á creación das especialidades de lingua asturiana e eonaviego nos corpos docentes de mestres, secundaria e escolas oficiais de idiomas. A modificación normativa, que aínda deberá pasar polo Consello de Estado e polo Consello de Ministros, podería poñer fin á situación de precariedade que afecta a máis de 300 docentes destas linguas no Principado.
Fonte: La Voz de Asturias
Comunidade:
Sección:



