O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou a programación dunha nova edición do Mes da Ciencia en galego, unha proposta abrangue máis de 40 actividades nas bibliotecas xestionadas pola Xunta durante o mes de novembro e que, destacou, “reforza o noso compromiso coa lingua e coa dinamización cultural porque prestixia o idioma á vez que impulsa a actividade nos espazos bibliotecarios”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Sección:



