O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, explicou no Parlamento de Galicia os avances para incorporar o galego ao sistema de xestión procesual Atenea, que substituirá o actual programa Minerva nos xulgados. A tradución do propio programa abarca máis de 50.000 documentos e enmárcase na colaboración da Dirección Xeral de Xustiza, a Secretaría Xeral da Lingua e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Fonte: Xunta de Galicia
Sección:



