O secretario xeral de Lingua, Valentín García, participou na Gala de entrega de premios do XVII Certame de Cinema Internacional Escolar OUFF Escola, e destacou na súa intervención “a contribución desta iniciativa na dinamización da lingua galega desde as aulas”. O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude incidiu “na capacidade da creatividade audiovisual para achegarlle á lingua á mocidade”, un dos sectores estratéxicos do novo Plan xeral de Normalización da Lingua Galega “con case 700 medidas nacidas dun amplo consenso co fin de fomentar e prestixiar o uso do idioma en toda a sociedade”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Sección:



