Novas

O Dicionario da RAG incorpora a palabra
17 de novembro de 2026

O Dicionario da RAG incorpora a palabra "canteirán, -á" a proposta do Real Club Celta de Vigo

A Real Academia Galega incorporou ao seu dicionario a palabra canteirán, -á, proposta polo Real Club Celta de Vigo. A actualización inclúe tamén dúas novas acepcións de canteira relacionadas coa formación de persoas para unha actividade especializada e, especificamente, co conxunto de deportistas que se forman nun mesmo club. Canteirán, -á entra no dicionario como adxectivo e substantivo referido ao deportista formado na canteira do seu club.

Fonte: Real Academia Galega

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder