A plataforma gratuíta Fala.gal, que permite crear webs e blogs en galego sen coñecementos técnicos, rexistrou 162 novas altas entre agosto e outubro de 2026, fronte ás sete do mesmo período de 2025. O forte crecemento coincide co lanzamento de Fala 1.0, unha renovación que simplifica a creación e xestión de páxinas. Desde 2020, a plataforma permitiu crear máis de 680 webs e busca reforzar a presenza de contidos propios en galego na Internet.
Fonte: Código Cero
Sección:



