O secretario xeral da Lingua, Valentín García, asistiu á presentación da edición faxímile dos manuscritos da obra de teatro Os vellos non deben de namorarse, escrita e ilustrada por Castelao. A edición é da Deputación de Pontevedra coa colaboración de Galaxia Editorial, no marco da celebración do Ano Castelao 2025 e a presentación acolleuna a Cátedra Castelao na Aula académica da Facultade de Filoloxía da USC.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Sección:



