Numerosas linguas dos pobos indíxenas de Rusia están en perigo de desaparición, algunhas delas con apenas un falante nativo. A guerra de Ucraína agravou esta situación, ao provocar o recrutamento de persoas pertencentes a comunidades lingüísticas minoritarias. Ante esta ameaza, escritores, músicos e activistas impulsan iniciativas para recuperar e transmitir os seus idiomas, como a creación de materiais educativos, aplicacións para aprender linguas e proxectos culturais.
Fonte: The Moscow Times
Sección:



