España

Convócanse subvencións para fomentar a música e a literatura en asturiano

O Boletín Oficial do Principado de Asturias (BOPA) publicou a convocatoria de dúas liñas de axudas: unha destinada a empresas editoriais, para ampliar a oferta bibliográfica en asturiano; e outra dirixida ás discográficas, co obxectivo de impulsar a música feita nesta lingua.

Fonte: 20 minutos

Asturias

Un total de 829 estudantes publicou 317 artigos na Wikipedia en éuscaro

Durante o último curso incorporáronse á Wikipedia en éuscaro un total de 317 novos artigos e melloráronse 716. Con estas achegas, a enciclopedia dixital nesta lingua chega aos 294 000 artigos e case 26 millóns de visitas anuais.

Fonte: Eitb

País Vasco

A Universidade de Oviedo e a Academia da Lingua colaboran para difundir o asturiano

Ambas as institucións asinaron un acordo de cooperación que ten como obxectivo promover e difundir a lingua asturiana.

Fonte: El Comercio

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder