Galicia
O Concello de Santiago estrea a versión web dun xogo sobre a toponimia compostelá
Atopando Compostela é un xogo de taboleiro que estrea agora a súa versión web, co obxectivo de fomentar o coñecemento da toponimia de Santiago dun xeito divertido.
O XII Certame de Investigación Condado de Pallares pon en valor o patrimonio lingüístico galego
O XII Certame de Investigación Condado de Pallares impulsa importantes traballos arredor do patrimonio lingüístico, artístico, antropolóxico e etnográfico co apoio da Xunta de Galicia, a través das secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística. Na presentación da nova edición desta iniciativa, promovida pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, participaron o secretario xeral e Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial José Manuel Balseiro.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
‘O colapso territorial en Galiza’ ofrece unha nova lectura da realidade en clave xeográfica
Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, participou na presentación de O colapso territorial en Galiza, do xeógrafo Xosé Constenla, que se celebrou na compostelá Libraría Couceiro.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello de Vigo presenta unha nova iniciativa para impulsar a transmisión familiar do galego
A iniciativa "Vigo Arrólate", que se desenvolverá entre o 2 e o 30 de xullo, ten como obxectivo impulsar a transmisión do galego no ámbito familiar a través de contos, xogos e música.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Política Lingüística apoia a publicación da primeira novela en galego en edición de lectura fácil

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Rande na presentación da primeira novela da colección Lectura Fácil de Galaxia: 20.000 leguas baixo os mares, do escritor francés Jules Verne. A publicación, impulsada pola Asociación Juan XXIII de apoio ás persoas con discapacidade e editada por Galaxia, conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística participa en Ponteceso na homenaxe a Mosqueira Manso
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de homenaxe a José María Mosqueira Manso.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística participa en Padrón na entrega dos Premios Rosalía de Castro de Poesía Escolar
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Casa da Matanza no acto de entrega de Premios Rosalía de Castro de Poesía Escolar.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García e López-Chaves reciben o alumnado vigués gañador da final do Rallye matemático en Toulouse
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial Ignacio López-Chaves recibiron o alumnado do colexio vigués Apóstolo Santiago-Jesuitas gañador da final internacional do Rallye Matemático sen Fronteiras, celebrado na cidade francesa de Toulouse.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Os CEIP Labarta Pose, Ponzos e A Xunqueira fanse coa VII edición dos premios ‘Nós tamén creamos!’
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria deu a coñecer a través do seu Portal educativo e mais do Portal da lingua galega a resolución da VII edición dos Premios a curtas de animación en galego ‘Nós tamén creamos!’, convocados conxuntamente coa Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) en colaboración con OQOeditora.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O III Premio Ofelia Devesa recoñece audiovisuais en galego feitos polo alumnado para divulgar ciencia
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no IES Arcebispo Xelmírez II no acto de entrega do III Premio Ofelia Devesa de Educación Activa, auspiciado por Carlos Lema Devesa e polo instituto compostelán para promover a investigación, a divulgación e a creatividade entre o alumnado de Educación Secundaria e Bacharelato.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín