Máis información
Saca a lingua que levas dentro
"Saca a lingua que levas dentro" é unha campaña impulsada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para animar a usar o galego en todos os ámbitos e contextos da vida.
A campaña, que forma parte dun plan máis amplo con medio cento de medidas para dinamizar e potenciar o galego en 2025, procura pór en valor o privilexio que supón contar cun idioma propio, un tesouro do que debemos sentirnos orgullosos e que debemos defender e preservar falándoo. Así pois, dende a cordialidade, convídanos a construír pontes por medio da lingua e mais a alimentar o arraigamento, o orgullo e o sentimento de pertenza a través dela.
Boletín
Subscríbase ao boletín