Máis información

Letras Galegas 2019 - Antonio Fraguas Fraguas

Antonio Fraguas (Loureiro, Cerdedo-Cotobade, 1905–Santiago de Compostela, 1999), a figura a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, foi membro do Seminario de Estudos Galegos e das Irmandades da Fala, así como director do Museo do Pobo Galego e Cronista Xeral de Galicia. Estudoso da nosa realidade cultural desde diferentes ámbitos, destacou sobre todo no eido da antropoloxía, onde os seus traballos contribuíron decisivamente ao coñecemento da cultura popular e ao afondamento na nosa identidade. A Real Academia Galega destaca entre as razóns para dedicarlle o 17 de maio de 2019 a súa continuada defensa da lingua propia de Galicia como idioma de expresión válido para abordar calquera área do coñecemento e a coherencia do seu percorrido vital, guiado pola lealdade ao seu pobo.

Máis información

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder