Máis información
Letras Galegas 2024. Luísa Villalta
As Letras Galega de 2024 están dedicadas á escritora coruñesa María Luísa Villalta Gómez, que, aínda que é coñecida sobre todo como poeta, conta entre a súa produción literaria outros xéneros para os que realizou achegas fundamentais.
Compaxinou o seu labor creativo cunha intensa actividade cultural. Colaborou en diferentes xornais e revistas; formou parte da Asociación de Escritores de Lingua Galega; participou nas mobilizacións cidadás contra a catástrofe do Prestige; e sempre se pronunciou a prol das persoas máis desfavorecidas. O seu feminismo entronca tamén co seu profundo sentido da xustiza e o seu desexo de contribuír, coa súa achega, a unha sociedade máis igualitaria.
A súa é unha poesía doce e profunda, que se asenta no seu constante traballo e no seu talento como filóloga. Sempre á procura da beleza da palabra e da precisión que lle permitiron expresar con claridade o seu elaborado pensamento.
Boletín
Subscríbase ao boletín