Máis información
Plan de dinamización da lingua galega na mocidade
A Xunta de Galicia -a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social- está traballar para poñer en marcha o primeiro Plan de dinamización da lingua galega na mocidade, un proxecto co que pretende incrementar a utilización do galego entre a xente nova.
A Xunta aspira a elaborar este plan coa participación activa e o compromiso das administracións e entidades públicas e organizacións sociais que interveñen no ámbito da mocidade, para que, coa implicación de todos, se cree unha dinámica de actuación encamiñada a poñer en marcha iniciativas dirixidas a aumentar o uso do galego entre mozas e mozos.
Coa finalidade de dar a coñecer o devandito plan e animar os axentes implicados neste ámbito a participar coas súas achegas para enriquecer o documento, as consellerías de Educación e de Política Social organizaron un acto no que se presentaron as liñas básicas de actuación, así como o proceso participativo que se iniciou para que as persoas e as organizacións interesadas poidan realizar as súas contribucións.
As persoas interesadas en facer as súas propostas, de maneira individual ou conxunta, poden acceder aos documentos que figuran máis abaixo, cubrilos e envialos á Secretaría Xeral de Política Lingüística, tal e como se indica nos propios .pdf.
Noticias do ámbito da dinamización do galego na mocidade
Documentos relacionados
- Plan de dinamización da lingua galega na mocidade 2019-2022 presentado ao Parlamento de Galicia o 3 de xullo de 2019
- Documento estrutural básico do Plan de dinamización da lingua galega na mocidade. Formato PDF. 876 KB
- Cuestionario de participación individual. Formato PDF. 73 KB
- Cuestionario de participación en grupo. Formato PDF. 66 KB
Boletín
Subscríbase ao boletín
