Máis información
Proxecto Nós. Doa a túa voz, preserva a túa lingua
A campaña AgasallaNós de doazón de voz para o Proxecto Nós é unha iniciativa que a Xunta de Galicia lanza xunto coa USC e que permitirá recoller a variedade fonética e dialectal de Galicia para permitir que dispositivos como Siri, Alexa ou Google recoñezan as distintas cadencias lingüísticas do galego.
Colabora co Proxecto Nós para mellorar a presenza do galego no mundo dixital e incorporalo ao desenvolvemento de aplicacións baseadas na Intelixencia Artificial e nas Tecnoloxías da Linguaxe.
Alexa e Siri falando galego? Si, é posible! Colabora!
Que é o Proxecto Nós?
O Proxecto Nós procura crear recursos orais e conversacionais en galego con todos os acentos e variantes dialectais que existen para facilitar a interacción a través de ferramentas como o GPS, asistentes de voz, Chat GPT e as que se desenvolvan no futuro.
Boletín
Subscríbase ao boletín