TeCe Redes en Galego
Repositorio TeCe Redes en Galego
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, publica esta convocatoria orientada a crear un repositorio de proxectos dixitais e de servizos presenciais que nutran os seus programas de dinamización lingüística dirixidos á poboación nova e de transmisión xeracional da lingua galega. Na súa denominación empréganse as letras T, C e R para se referir, respectivamente, ás accións de "transmitir", "comunicar" e "tecer redes". O repositorio de proxectos TeCe Redes en galego incorpórase como unha nova sección dentro do Fondo Xacobeo 21-22. Máis información
TeCe Redes en galego. Informe de resultados
Información de interese para as persoas adxudicatarias de proxectos dixitais puros ou mixtos (que combinen ambos os dous formatos, presencial e dixital) e que teñan que entregar unha proba previa á entrega definitiva do produto ou produtos dixitais
As persoas adxudicatarias teñen indicacións para cubrir o trámite de entrega da proba previa, cando proceda, na guía para persoas adxudicatarias nas páxinas 18 e 19.
Para os proxectos dixitais puros ou mixtos que combinan diferentes formatos, no cadro de características particulares (CCP) da resolución de adxudicación indícase sempre se a persoa adxudicataria debe enviar unha proba previa do produto ou produtos dixitais adxudicados. De ser necesario achegar unha proba previa, a persoa adxudicataria deberá atender as indicacións das valoradoras para verificar se a proba é conforme.
Forma de entrega: Envío da ligazón de descarga ao correo electrónico tcr-galego@xunta.gal
Prazo de entrega: Desde o comezo do prazo de execución do contrato adxudicado (excepto o mes de agosto) ata o 29 de setembro de 2022.
En que consistirá a proba?
No caso dos libros dixitais, será a proba de imprenta da peza enteira, coas portadas. Non se editará o produto dixital definitivo ata que a persoa adxudicataria reciba a resposta da persoa revisora.
No caso dos vídeos, serán os guións con todas as voces en off e as voces das persoas locutoras ou presentadoras, de ser o caso. Entregaranse obrigatoriamente antes da rodaxe e non se gravará a peza final ata que a persoa adxudicataria reciba a resposta da persoa revisora.
Guía das persoas adxudicatarias
Resolucións de selección de proxectos dixitais e de proxectos presenciais
Máis información:
Correo electrónico: tcr-galego@xunta.gal
Teléfono: 687 041 884
Documentos relacionados
Ligazóns relacionadas
Boletín
Subscríbase ao boletín
