Fondo X21

A Xunta e o Cable Inglés presentan a serie documental “Museo a Ceo aberto”

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da serie documental Museo a ceo aberto, realizada pola cooperativa O Cable Inglés ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta e a orquestra Panorama presentan un videoclip para promover o Camiño de Santiago

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do videoclip do tema Torres de Compostela, adaptado e interpretado pola famosa orquestra Panorama ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta apoia o proxecto audiovisual ‘Bailando o Camiño’, que permitirá aprender a divertirse en galego cos bailes tradicionais do Camiño de Santiago

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do proxecto audiovisual Bailando o Camiño, un conxunto de audiovisuais que recollen tres danzas típicas da ruta do Camiño Vasco Interior: o txulalai, o galandún e a carballesa.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A serie de vídeos de `Brincadeiras da lingua’ chega cunha segunda edición para seguir difundindo os ditos infantís galegos

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da segunda entrega de Brincadeiras da lingua, unha serie de pílulas audiovisuais realizadas por Migallas Teatro ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A serie de documentais ‘Os nomes da nosa terra’ difunde os feitos e historias que orixinaron algúns dos millóns de topónimos de Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de presentación da serie de documentais Os nomes da nosa terra, un proxecto da Asociación Sociopedagóxica Galega (AS-PG) apoiado pola Xunta de Galicia ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A serie documental infantil 'Dic, dac, docs' xa pode verse no Portal da Lingua Galega da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, presentou a serie documental Dic, dac, docs elaborada por Adarme Visual para o Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021-2022 da Xunta de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo impulsa o libro 'Matrias illadas', que recompila as fotografías e versos da mostra homónima en homenaxe ás mulleres

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu no Museo do Mar de Galicia á presentación do libro Matrias illadas, inserido no Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22 e artellado a raíz da exposición homónima de fotografías e poemas elaborados por Neves Seara, artista plástica e performer, e Tamara Andrés, poeta, tradutora e investigadora.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos celebra o seu centenario co apoio da Xunta

A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos celebra o seu centenario coa xornada “100 anos de Agarimos”, un evento de entretemento que reunirá o vindeiro 30 de outubro no Auditorio de Galicia un conxunto de accións e actuacións para promover o folclore, a tradición e a herdanza cultural galega co apoio da Xunta de Galicia a través do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O documental “Cantos na Maré” recolle os 16 anos da historia deste festival co que colabora a Xunta de Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do documental “Cantos na Maré”, unha iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais da Xunta de Galicia que recolle a historia e a traxectoria do festival internacional de música lusófona.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

'Ourense Universo Literario' concentra dúas semanas de propostas culturais para todos os públicos co apoio da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou ao presidente do Liceo de Ourense, Javier Casares Mouriño, na presentación de “Ourense Universo Literario. De Ourense e desde Ourense para o mundo”, impulsado pola Xunta de Galicia a través do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder