O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña (UDC), en colaboración coa Real Academia Galega, organiza as V Xornadas sobre Lingua e Usos que este ano versarán sobre a lingua galega e a docencia universitaria.
As xornadas celebraranse os días 12, 13 e 14 de novembro no Paraninfo da Reitoría da UDC e a elas están convidados, entre outros, membros do profesorado da UDC e membros dos equipos de goberno de universidades galegas e non galegas con responsabilidades no ámbito da docencia.
O prazo de inscrición remata o día 5 de novembro.
Fonte: Universidade da Coruña



