A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua organiza a Xornada de servizos e produtos para a dinamización lingüística no marco do Cultur.gal, unha xornada que vai dirixida, dunha banda, ás empresas que desenvolven e/ou ofrecen produtos e servizos directamente relacionados coa dinamización lingüística e, doutra, aos coordinadores e responsables dos servizos de normalización lingüística (SNL) e dos equipos de normalización e dinamización lingüística (ENDL) dos centros de ensino.
Fonte: CTNL



