Novas

O Goberno de Guam proxecta engadir máis horas lectivas de lingua e cultura chamorras no ensino público do país
06 de marzo de 2011

O Goberno de Guam proxecta engadir máis horas lectivas de lingua e cultura chamorras no ensino público do país

Co fin de preservar a lingua autóctona, o Goberno de Guam, no Pacífico occidental, introduciu unha lei que requirirá a impartición de máis anos de lingua chamorra nas escolas públicas. No canto de cursar un ano en ensino medio e outro ano en ensino superior, o departamento de educación de Guam aspira a facer obrigatorio o ensino da lingua autóctona durante todos os cursos do ensino medio e dous anos do ensino superior.

Fonte: Guampdn

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder