O ministro surafricano de Educación Superior, Blade Nzimande, reiterou a súa proposta de que todos os estudantes universitarios aprendan "polo menos unha lingua africana como requisito para a súa graduación". Os defensores do multilingüismo afirman que existen probas evidentes de que tanto os estudantes como os académicos están mostrando interese por aprender unha lingua africana como parte dos seus estudos superiores.
Fonte: IOL News
Sección:



