Novas

Defensores da lingua galesa avogan por .cymru como dominio de internet para Gales
23 de decembro de 2011

Defensores da lingua galesa avogan por .cymru como dominio de internet para Gales

En Gales inciouse unha batalla sobre que versión do nome do país debe figurar ao final dos futuros sitios web. Os defensores da lingua galesa avogan polo nome en galés ".cymru", e non ".wales", porque a razón principal de conseguir un dominio para Gales era crear unha comunidade de falantes de galés na rede. Porén, o ministro principal de Gales, Carwyn Jones, declarou recentemente que apoia o domino exclusivamente en inglés ".wales".

Fonte: Wales Online

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder