Novas

O malabar, un idioma falado na India, aspira a conseguir o status de lingua clásica
22 de agosto de 2012

O malabar, un idioma falado na India, aspira a conseguir o status de lingua clásica

O malabar podería obter o status de lingua clásica ao igual que outras linguas do sur da India como o támil, o telugú ou o canarés. Segundo as normas establecidas polo Goberno da India, unha lingua pode conseguir o status de clásica se ten unha historia de máis de 1500 ou 2000 anos, se ten un corpus de textos e literatura antigos considerado como patrimonio valioso por xeracións de falantes e no caso de que a súa literatura tradicional sexa orixinal, non copiada doutra comunidade de falantes, á vez que diferente da moderna.

Fonte: Deccan Chronicle

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder