A asociación Chambra d'Oc, despois da realización e o éxito da manifestación "Occitània a pé" organizada en favor do recoñecemento do occitano como patrimonio mundial inmaterial da humanidade, agora propón o proxecto "Chaminem per òc". Un proxecto co que se pretende facer unha rede, dos Vales occitanos en Piemonte á Occitania grande en Francia ao Val de Arán en Cataluña, de percorridos de sendeirismo para descubrir o territorio, a lingua e a cultura occitana, co obxectivo de difundir a solicitude de inscrición desta lingua na lista da UNESCO como patrimonio inmaterial da humanidade.
Fonte: Minoranze Linguistiche
Sección:



