Novas

Programas de inmersión lingüística conseguen revitalizar unha lingua ameazada de California
09 de febreiro de 2013

Programas de inmersión lingüística conseguen revitalizar unha lingua ameazada de California

Nos anos noventa, os académicos prognosticaron que a lingua yuruk se extinguiría a curto prazo. A medida que falecían os falantes máis vellos, o número de falantes nativos diminuíu ata seis. Porén, os xefes da tribo decidiron que non podían deixar morrer a lingua. O outono pasado, a escola Eureka High School, converteuse na quinta escola do norte de California en introducir un programa de inmersión en lingua yuruk. A día de hoxe, converteuse no programa de revitalización lingüística de maior éxito en todo o estado.

Fonte: Los Angeles Times

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder