Novas

A principal organización en defensa do galés fará unha
20 de xaneiro de 2014

A principal organización en defensa do galés fará unha "campaña de desobediencia" pola lingua

Cymdeithas, a principal organización en defensa da lingua galesa, decidiu iniciar unha "campaña de desobediencia" co obxectivo de forzar o Goberno galés a actuar a favor do idioma. Segundo Cymdeithas, o executivo de Cardiff non aplicou diversas medidas que a organización propuxera hai medio ano, entre as que se atopa unha ampliación do ensino en galés, reforzar o uso oficial da lingua nos organismos gobernamentais e destinar máis diñeiro ao fomento do idioma.

Fonte: Nationalia

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder