Novas

A carreira polo bretón Ar Redadeg pecha a edición de 2014 cunha recadación de 165 000 euros
21 de novembro de 2014

A carreira polo bretón Ar Redadeg pecha a edición de 2014 cunha recadación de 165 000 euros

Os responsables de Ar Redadeg, a carreira bienal que se organiza na Bretaña para recadar fondos a favor da lingua bretoa, pechou a edición de 2014 cun balance positivo de 165 000 euros. Unha parte destes cartos (62 500) irá destinada a apoiar as escolas asociativas de inmersión en bretón (escolas Diwan) mentres que outros 62 500 servirán para financiar proxectos de teatro, ensino de bretón para adultos e lúdicos. Os 40 000 euros restantes destinaranse aos preparativos da carreira de 2016.

Fonte: Nationalia

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder