Ao longo dun ano, o Instituto Goethe debateu o futuro da lingua alemá na iniciativa Alemán 3.0. Segundo o secretario xeral desta institución, Johannes Ebert, os debates evidenciaron a importancia do multilingüismo en Europa, especialmente en Alemaña, que é un país de inmigración e defendeu que dominar o idioma continúa sendo fundamental para a integración profesional e social dos traballadores estranxeiros.
Fonte: DW
Sección:



