O Goberno español aprobou un real decreto que permite crear especialidades docentes específicas para linguas protexidas legalmente como o asturiano, o eonaviego e o aragonés. A medida permitirá ás administracións educativas incorporar estas especialidades nos corpos de Mestres, Secundaria e Escolas Oficiais de Idiomas, aínda que a súa creación será potestativa. No caso do asturiano e o eonaviego, a modificación podería favorecer a estabilización de máis de 300 docentes.
Fonte: Diari de la Llengua
Comunidade:
Sección:



