Novas

A Asociación de Medios en Galego organiza un obradoiro sobre o Fediverso para unha comunicación máis respectuosa coa lingua galega
31 de marzo de 2026

A Asociación de Medios en Galego organiza un obradoiro sobre o Fediverso para unha comunicación máis respectuosa coa lingua galega

A Asociación de Medios en Galego (Amega) celebrou en Santiago un obradoiro sobre o Fediverso co propósito de explorar vías para unha comunicación dixital máis saudable, descentralizada e respectuosa co galego. A formación, impartida por Joxe Rojas, permitiu a profesionais dos medios achegarse a ferramentas como Mastodon e avanzar na creación de espazos propios na rede. A xornada, na que tamén participou o administrador de Mastodon.gal, insírese nun proxecto máis amplo orientado a fortalecer os medios en galego e a súa adaptación ao novo ecosistema dixital.

Fonte: Amega

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder