A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral e, sobre todo, ás cantareiras que a conservaron e transmitiron ás novas xeracións. A candidatura estará personificada en Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía), e Prudencia e Asunción Garrido Ameijende e mais Manuela Lema Villar, as tres Pandeireteiras de Mens (Malpica de Bergantiños).
Fonte: Real Academia Galega
Sección:



