Novas

Celébrase o Día Mundial do Kiswahili
07 de xullo de 2025

Celébrase o Día Mundial do Kiswahili

O 7 de xullo celébrase o Día Mundial do Kiswahili, recoñecido pola Unesco como a primeira lingua africana con día internacional propio. Con máis de 200 millóns de falantes, o kiswahili representa un símbolo de identidade, cohesión e diversidade cultural no continente africano e fóra del. O seu uso esténdese á educación, á diplomacia e á integración rexional, reforzado por unha historia rica en influencias bantús e árabes. A ONU destaca o seu valor como instrumento de paz, solidariedade e desenvolvemento sustentábel.

Fonte: Nacións Unidas

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder