Novas

A comunidade lingüística chortí impulsa a aprendizaxe desta lingua coa publicación de materiais educativos nas redes sociais
12 de agosto de 2025

A comunidade lingüística chortí impulsa a aprendizaxe desta lingua coa publicación de materiais educativos nas redes sociais

A comunidade lingüística chortí da Academia de Linguas Maias de Guatemala intensifica a difusión de materiais didácticos e audiovisuais para preservar e promover este idioma ancestral. As súas propostas, gratuítas e adaptadas a diferentes idades e niveis, inclúen xogos, actividades interactivas e vídeos con contos subtitulados que transmiten valores e tradicións. Con este enfoque lúdico e cultural, a ALMG fomenta a aprendizaxe e mantén vivo o vínculo entre a lingua chortí e a identidade das comunidades.

Fonte: Agencia Guatemalteca de Noticias

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder