A Academia de Linguas Maias de Guatemala promove a creación e difusión de contidos audiovisuais educativos en idiomas maias dirixidos á infancia, con contos que transmiten valores e reforzan a identidade cultural. Estes materiais, subtitulados en castelán, difúndense nas redes sociais das comunidades lingüísticas e da propia institución. A iniciativa busca fomentar o uso destas linguas entre as novas xeracións e facilitar a súa aprendizaxe tamén a persoas interesadas en empregalas no ensino.
Fonte: AGN
Sección:



