O Concello de Marín convoca o XVIII Premio de Narración Curta con motivo do Día das Letras Galegas, dedicado ás cantareiras como transmisoras da poesía oral popular. O certame premiará a orixinalidade e a calidade literaria cun único galardón de 1000 euros. Os traballos estarán en galego e deben ser orixinais e inéditos, de temática libre e cunha extensión de entre 5 e 10 páxinas.
Fonte: Morrazo Noticias
Sección:



