Novas

Crece a preocupación en Gales pola suposta discriminación que sofren os presos que falan galés
05 de decembro de 2025

Crece a preocupación en Gales pola suposta discriminación que sofren os presos que falan galés

Varios presos da prisión galesa de HMP Berwyn, en Wrexham, denunciaron ante investigadores das universidades de Cardiff e Liverpool que o persoal lles impedía falar galés e un deles afirmou que mesmo se lle prohibiu empregar o galés nunha reunión privada co seu avogado. A Comisaria da Lingua Galesa, Efa Gruffud Jones, expresou a súa preocupación, sinalando que os feitos revelan unha falta de respecto polos dereitos lingüísticos básicos nos centros penitenciarios.

Fonte: BBC

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder