O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, reuniuse coa directiva da Irmandade Xurídica Galega para deseñar estratexias que favorezan o uso do galego na Policía Nacional. A reunión, na que participaron tamén representantes da Administración e a Universidade de Santiago, resaltou a importancia da colaboración pública para a normalización lingüística.
Fonte: Galicia Confidencial
Sección:



