O Consello da Avogacía Catalá reclamou no Consello de Europa que o coñecemento do catalán sexa obrigatorio para os xuíces que exerzan en Cataluña, ao considerar insuficiente a súa presenza actual nos tribunais, estimada entre o 5 % e o 10 % da actividade xudicial. A entidade sinala a distancia entre os dereitos lingüísticos recoñecidos legalmente e a súa aplicación efectiva e presenta como exemplos de boas prácticas o programa de fomento do catalán na quenda de oficio e o portal Compendium.cat, con recursos para a práctica xurídica en catalán.
Fonte: Diari de la Llengua
Comunidade:
Sección:



