A Mesa pola Normalización Lingüística esixe a RTVE que cumpra coa obriga legal de emitir contidos dobrados e subtitulados en galego e que abandone o recurso á intelixencia artificial para suplir esa carencia. A entidade denuncia que a corporación pública non alcanza as cotas fixadas pola lei e que a utilización destas ferramentas ofrece resultados de baixa calidade, ademais de precarizar o labor de profesionais da dobraxe e da tradución.
Fonte: Galicia Press
Sección:



