A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que a empresa Taprega pretenda cobrar nove céntimos por palabra pola emisión de documentación en galego, ao consideralo un servizo extra. A entidade esixe que se ofreza sen custo adicional e lembra que as compañías que operan en Galicia deben respectar os dereitos lingüísticos da cidadanía. Taprega afirma cumprir coa lei ao entregar a documentación en castelán e nega estar obrigada a realizar traducións integrais.
Fonte: Galicia Confidencial
Sección:



